🪶 Tesouros Agochados

Tesouros Agochados é unha experiencia única que mestura arte, natureza e aventura na túa propia contorna. 🗺️ Cada reto consiste en localizar pequenos obxectos escondidos, cada un cunha historia que conecta coa nosa terra e coa tradición local.
A través desta iniciativa queremos que descubras lugares emblemáticos e recunchos cheos de historia, que quizais nunca antes reparaches. 🚶♂️💚 Cada tesouro atopado é unha pequena sorpresa que che permite participar na comunidade, compartir as túas aventuras nas redes sociais e seguir descubrindo novos retos.
Únete á caza, coñece os segredos do teu barrio e convértete nun explorador urbano! Cada tesouro agochado é unha oportunidade de vivir unha experiencia divertida, educativa e inspiradora.
📌 Síguenos nas redes sociais para non perderte ningunha das nosas aventuras e participar nos retos futuros.
🎯 Reto activo
🌿 O tesouro xa está agochado…
Unha nova peza única espera ser atopada.
Está en Canido, pero non será tan doado dar con ela.
📍 Pista xeral: preto do lavadeiro da Insua
🎥 Mira o vídeo coas pistas:
🔹 Capítulo I — O comezo
Primeiro reto: O tesouro do Lavadoiro da Insua
O primeiro Tesouro Agochado levounos ata un lugar cheo de memoria e identidade: o Lavadoiro da Insua, no barrio de Canido. Un recuncho discreto, pero cargado de historia, onde durante anos as veciñas se reunían para lavar, falar e compartir vida.
Neste escenario, entre pedra, auga e silencio, agochouse o primeiro tesouro. Un pequeno obxecto artesanal, creado con coidado, esperando a ser descuberto por alguén curioso, atento… e con ganas de explorar.
A dinámica foi sinxela: pistas nas redes sociais, ollos ben abertos e moitas ganas de xogar. O resultado? Unha experiencia compartida, onde moita xente descubriu por primeira vez este lugar, e outros volveron miralo con novos ollos.
Este primeiro reto non foi só unha busca… foi unha invitación a redescubrir o noso entorno e a formar parte dunha pequena aventura colectiva.
-

Pendientes de Hoja de Roble (Carballo) en Cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de Hoja de Roble Americano en Cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de Hoja de Hiedra (Hedra) en Cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de Hoja de Castaño (Castiñeiro) en Cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de Hoja de Arce en Cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de Hoja de Gingko en Cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de hoja de Nogal (Nogueira) en cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de hoja de Higuera (Figueira) en cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de hoja de Zarzamora (Silveira) en cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de hoja de Acer Pseudoplatanus (Pradairo) en cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de hoja de Laurel (Loureiro) en cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido -

Pendientes de hoja de Aliso (Ameneiro) en cuero | Artesanía a Mano
€18,95 IVA incluido
